Lorenzana subliña o compromiso do Goberno galego co diálogo social

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na celebración da cuarta edición do Premio Rogelia Mariño, promovido por UGT Galicia, que lle foi entregado ao xornalista Marcial Mouzo

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, subliñou hoxe o compromiso do Goberno galego co diálogo social como marco de colaboración entre a Administración e os axentes económicos e sociais para o progreso de Galicia.

Así o manifestou durante a súa intervención na celebración da cuarta edición do Premio Rogelia Mariño, promovido por UGT Galicia, que lle foi entregado ao xornalista Marcial Mouzo. Un premio ao compromiso profesional, dixo, que lembra a importancia de principios como a defensa dos dereitos das persoas traballadoras, a igualdade e o diálogo social, parte fundamental do crecemento sustentable da economía, remarcou.

Data de actualización: 24/01/2024