A Xunta destaca a atención que reciben as persoas usuarias dos centros de Fudace e Cruz Vermella en Castro de Rei

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe estas instalacións

Castro de Rei (Lugo), 25 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe a importancia de traballar conxuntamente coas entidades de iniciativa social para seguir avanzando na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e para reforzar o apoio ás familias. Díxoo durante a visita aos centros residenciais e de atención diúrna da Fundación de Dano Cerebral (Fudace) e Cruz Vermella en Castro de Rei, onde puxo en valor as atención e coidados que se prestan nestas instalacións.

En este sentido, Begoña Abeijón asegurou que estes centros son un referente en Galicia, con servizos especializados na atención a persoas con patoloxía dual.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2024