A Xunta organiza unha visita a Congalsa no marco do programa Xuventude Mentoring

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañou a un grupo de mozos no percorrido polas instalacións

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 24 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá nunha visita á empresa Congalsa dirixida á mocidade que forman parte da cuarta edición do programa Xuventude Mentoring, que superan as 150 persoas.

Durante a visita, a mocidade puido coñecer o proceso de envasado, a sala de catas e o showroom desta empresa da Pobra do Caramiñal. A directora xeral destacou que mediante esta iniciativa achégase á mocidade un maior coñecemento das empresas que traballan na nosa Comunidade e favorécese a súa introdución no mercado de traballo.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2024