A Xunta visita a ONG Médicos do Mundo en Santiago
2024-01-24
/documents/35297/43501/240124+medicos+01c.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a ONG Médicos do Mundo en Santiago onde destacou o importante traballo que realiza esta entidade a favor das persoas máis vulnerables da nosa sociedade para garantir que teñan un acceso a servizos básicos e atención.
Arturo Parrado lembrou que o Goberno galego continuará a colaborar coas entidades sociais galegas para atender ás necesidades das persoas en situación de pobreza para gañar en autonomía e saír adiante.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 24/01/2024