A directora xeral de Administración Local realiza unha visita institucional ao concello de Moraña

Moraña (Pontevedra), 24 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, realizou hoxe unha visita institucional a Moraña para coñecer de primeira man as necesidades do concello no marco do apoio ao eido local.

No percorrido incluíuse o pavillón multiúsos de Santa Lucía, onde se mellorou a eficiencia enerxética e o confort coa instalación dunha nova cuberta. A directora xeral sinalou a importancia de que as infraestruturas municipais respondan ás necesidades da veciñanza e garantan a prestación de servizos de calidade a toda a poboación con independencia do seu lugar de residencia.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2024