Xunta e AEVI inician unha liña de colaboración polo uso racional dos videoxogos

O conselleiro de Sanidade reúnese con integrantes do sector a través da Asociación Española de Videoxogos (AEVI)

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, reuniuse esta tarde por videoconferencia con membros da Asociación Española de Videoxogos (AEVI) para deseñar as ferramentas que permitan facer un uso racional dos videoxogos acorde coa idade.

Así, celebrouse un encontro frutífero por ambas partes e que terá continuidade no marco da tramitación da Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención de condutas aditivas

Data de actualización: 23/01/2024