A Xunta comparte co CIFP Santiago o funcionamento do Centro de Coordinación Central de Defensa Contra Incendios Forestais

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, recibiu hoxe a visita de alumnos do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do CIFP Santiago, que coñeceron as instalacións do Centro de Coordinación Central (CCC) de Defensa contra os Incendios Forestais, situado en Santiago de Compostela.

Neste encontro, Manuel Rodríguez guiounos polas instalacións do CCC e explicoulles o funcionamento deste centro, integrado na estrutura organizativa da loita contra os lumes na nosa comunidade, nunha rede autonómica de tres niveis e que, polo tanto, tamén inclúe aos Centros de Coordinación Provinciais e aos Centros de Coordinación de Distrito. Ademais, os alumnos puideron coñecer a aplicación informática XeoCode, un sistema de información xeográfica en tempo real con toda a información dispoñible sobre os incendios.

Data de actualización: 23/01/2024