A directora xeral de administración local reúnese coa comisión de veciños Santa Eugenia de Mandiá en Ferrol

Puxo en valor a actividade destas entidades na dinamización e mellora da calidade de vida das súas contornas sociais

Ferrol, 23 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo hoxe un encontro coa comisión de veciños Santa Eugenia de Mandiá, en Ferrol, e coñeceu o seu renovado local social.

Natalia Prieto salientou a importancia de apoiar o movemento veciñal e de facilitarlles ás asociacións de veciños e de mulleres rurais, así como ás comunidades de usuarios de augas, espazos axeitados para o desenvolvemento do seu labor a prol da dinamización da vida social e cultural da contorna. Por iso, incidiu na importancia de que conten con espazos axeitados e confortables para as súas actividades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/01/2024