A Xunta destaca o comercio local de Vigo polo seu dinamismo e implicación

Vigo, 21 de xaneiro de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu hoxe en Vigo á gala de premios do concurso ‘Ilumina o teu escaparate”, na que destacou o dinamismo e implicación do comercio de proximidade da cidade de Vigo.

O concurso, no que participaron máis de medio cento de establecementos, é froito da colaboración da Xunta coas asociacións de comerciantes que buscan, deste xeito, activar o consumo no pequeno comercio durante o Nadal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/01/2024