A Xunta pon en valor os proxectos de inclusión que leva a cabo a entidade CASCO da Coruña

O director xeral de Inclusión Social visitou hoxe as súas instalacións, na Coruña

A Coruña, 20 de xaneiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalacións do Comité Antisida da Coruña, onde recoñeceu o labor que desenvolve esta entidade en favor da inclusión social de todas as persoas en xeral, e das doentes de SIDA en particular.

CASCO naceu hai máis de 30 anos para loitar contra a exclusión social das persoas doentes de SIDA. Na actualidade ten dúas vivendas de acollida básica e un centro de atención social continuada, e leva a cabo diversos proxectos de inclusión social e laboral. O director xeral puxo en valor o traballo desta entidade a prol dunha sociedade máis xusta e trasladoulles o apoio do Goberno galego para seguir desenvolvendo o seu importante labor. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/01/2024