Fabiola García considera que a atención ás persoas maiores é un dos piares do Estado de Benestar

A conselleira de Política Social e Xuventude visitou hoxe a residencia San Marcos, en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, sinalou hoxe que a atención ás persoas maiores é un dos piares sobre os que debe soster calquera Estado de Benestar. Díxoo na visita á residencia San Marcos, en Santiago de Compostela. A conselleira tivo a ocasión de conversar cos usuarios e persoal deste centro.

Fabiola García avogou porque as persoas maiores poidan elixir como queren vivir esta etapa das súas vidas, ofrecendo servizos e alternativas tanto a aqueles que prefiren recibir os coidados nos seus fogares e na súa contorna como aos que, pola súa situación, necesitan unha atención máis intensa nun centro residencial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/01/2024