Diego Calvo realiza unha visita institucional a Chantada

Chantada (Lugo), 19 de xaneiro de 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, realizou hoxe unha visita institucional a Chantada para coñecer as necesidades do concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local.

Ademais da Casa do Concello, o percorrido pola localidade incluíu o parque infantil da alameda, que acaba de ser ampliado para ofrecerlles ás familias un espazo de xogo e socialización máis confortable. Diego Calvo coñeceu tamén a nova pista de pádel, instalada na contorna do pavillón municipal co obxectivo de atender a elevada demanda veciñal para a práctica deste deporte.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/01/2024