A delegada da Xunta recibe á directora de Vigo Porté, que xa prepara unha nova edición do festival da danza

Vigo, 19 de xaneiro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este venres a Lorena López, directora de Vigo Porté, o festival internacional de danza que cada ano acolle a cidade. A responsable do evento informou á representante autonómica sobre os preparativos para unha nova edición da cita que converte cada ano a Vigo na capital do baile.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/01/2024