A Xunta remata a construción da pasarela sobre a presa da lagoa na estrada AC-934 en Sobrado

A actuación coincide cun treito do Camiño do Norte e supuxo un investimento de 310.000 €
 

Executouse unha estrutura voada nun treito de 155 metros que permite unha mobilidade peonil segura nese punto
 

A actuación foi acordada coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza e coa Sociedade Galega de Historia Natural ao estar na zona da lagoa

 

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2024

A Xunta acaba de rematar a execución dunha pasarela na estrada AC-934, sobre a presa da lagoa de Sobrado dos Monxes, no Camiño do Norte, que supuxo un investimento de máis de 310.000 €.

 
Habilitouse unha pasarela nun treito de 155 metros co obxectivo de resolver a mobilidade a pé nese punto, xa que os peóns carecían de espazo axeitado para desprazarse con seguridade, tendo que empregar a propia vía. 

Executouse unha pasarela con estrutura prefabricada, ancorada á estrada a través dos ocos existentes entre os peitorís de pedra da vía. 

Esta actuación foi acordada coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza e coa Sociedade Galega de Historia Natural, ao estar na zona da lagoa. Así, a pasarela executouse polo lado oposto á lagoa.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/01/2024