A Xunta mantén unha reunión de traballo coa fundación Rosel en Santiago

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a sede da entidade que ofrece programas de inserción sociolaboral a persoas en situación de vulnerabilidade

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con profesionais da Fundación Rosel para coñecer os programas que van desenvolver neste ano 2024. Esta entidade, que conta coa colaboración do Goberno galego, ofrece atención sociolaboral e de transición ao emprego a persoas en situación de vulnerabilidade.

O director xeral agradeceu o seu labor e lembrou que a Xunta apóiase no tecido social para impulsar programas de transición ao emprego e de busca de autonomía persoal. Neste sentido, concretou que estas entidades contan coa experiencia e o coñecemento necesario para realizar este tipo de actuacións de apoio ás persoas máis vulnerables.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/01/2024