A directora xeral de Administración Local reúnese con entidades veciñais do concello de Gondomar

Xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, puxo en valor a actividade das asociacións de veciños, de mulleres rurais e de comunidades de usuarios de augas na dinamización e mellora da calidade de vida local

Gondomar (Pontevedra), 16 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo hoxe un encontro con entidades veciñais do concello de Gondomar. En concreto, con representantes da comunidades de usuarios da parroquia de San Xosé Prado e de San Cibrán de Donas e da asociación de mulleres rurais San Benito, así como do centro cultural Serra e da comunidade de montes de Vincios.

Natalia Prieto salientou a importancia de apoiar o movemento veciñal e de facilitarlles a asociacións de veciños e de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas de espazos axeitados para o desenvolvemento do seu labor a prol da dinamización da vida social e cultural da contorna. Por iso, incidiu na importancia de que conten con espazos axeitados para o desenvolvemento das súas actividades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2024