A Xunta avalía coa alcaldesa de Gomesende as posibilidades de mobilizar e poñer en valor terras neste municipio

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse coa alcaldesa de Gomesende, Pura Rodríguez, nun encontro no que tamén participou o concelleiro Camilo Alonso.

A xuntanza centrouse en avaliar as posibilidades que ofrecen as diferentes ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria -tales como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta- para mobilizar e poñer en valor terreos neste concello ourensán.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2024