Unha vintena de centros participan no programa Edureferentes da Xunta e Executivas de Galicia

Busca achegar ás aulas testemuños de mulleres líderes en sectores masculinizados para promover entre as nenas itinerarios académicos á marxe de estereotipos

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e a presidenta de Executivas de Galicia visitan ao alumnado do IES Río Cabe de Monforte de Lemos

Na xornada de hoxe, a arquitecta Isabel Aguirre e as consultoras Mariví Iglesias e Susana López levan a súa traxectoria as aulas deste centro
 

Monforte de Lemos (Lugo), 15 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Ordenación e innovación educativa, Judith Fernández, e a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, asistiron hoxe a unha sesión do programa EduReferentes no Instituto IES Río Cabe de Monforte de Lemos. Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e Executivas de Galicia, pretende achegar ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito en ámbitos con reducida representación feminina. O obxectivo é promover así a igualdade de oportunidades e favorecer que as nenas elixan o seu itinerario académico baseándose na súa vocación e non nos estereotipos de xénero.

Ao abeiro do programa, o alumnado de ESO do centro monfortino puido coñecer de primeira man a traxectoria de Mariví Iglesias Castelo, consultora financeira que traballa actualmente en OVB Allfinanz España S.A., e Isabel Aguirre Urca, arquitecta na Escola Galega da Paixase na Fundación Juana de Vega. Así mesmo, os estudantes participaron nun obradoiro impartido por Susana Pérez Crespo, consultora e formadora experta en intelixencia emocional.

En total, un total de 20 centros de ESO ou FP Básica forman parte este curso de EduReferentes, grazas ao que acollen charlas a cargo de dúas profesionais de diferentes sectores para traballar co alumnado os mitos sobre os diversos perfís desde unha perspectiva de xénero. Así mesmo, desenvólvense obradoiros sobre cuestións como a escoita activa, o traballo en equipo ou a creatividade.

O programa de actividades complétase coas mentorías individualizadas, para o que os centros participantes fan unha selección de cinco alumnos que son acompañados polas profesionais. As mentoras comparten a súa experiencia e coñecementos, apoiando aos estudantes na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses.

A relación de centros incluídos no programa no curso 2023/24 é a recollida na seguinte táboa e pode consultarse tamén a resolución definitiva no Portal Educativo.

Provincia
Concello
Centro
A Coruña
Curtis
IES de Curtis
A Coruña
Lousame

CPI Plurilingüe Cernadas de Castro

A Coruña
Ordes
IES Ordes
A Coruña
Cambre
IES David Buján
A Coruña
Zas
IES Maximino Romero de Lema
Lugo
Castroverde

CPI Plurilingüe de Castroverde

Lugo
Cervo
IES Marqués de Sargadelos
Lugo
Chantada
IES Val do Asma
Lugo
Monforte de Lemos
IES Río Cabe
Lugo
Quiroga
IES de Quiroga
Lugo
Sarria
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
Lugo
Vilalba
IES Lois Peña Novo
Ourense
Maceda
IES San Mamede
Pontevedra
Barro
IES de Barro
Pontevedra
Cañiza, A
CPI da Cañiza
Pontevedra
Guarda, A
IES A Sangriña
Pontevedra
Mos
IES de Mos
Pontevedra
Nigrán
IES Val Miñor
Pontevedra
Poio
IES de Poio
Pontevedra
Redondela
IES Illa de San Simón
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/01/2024