A Xunta destaca a atención especializada a persoas con TEA que se presta no centro de día de Raiolas en Lugo

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá as instalacións acompañada do delegado territorial en Lugo, Javier Arias

Lugo, 15 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe o traballo que realiza a entidade Raiola no que é o primeiro centro de día da provincia de Lugo especializado na atención a persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). A directora xeral visitou o centro e tivo a ocasión de charlar con profesionais, usuarios e familiares.

Begoña Abeijón, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, defendeu a importancia da colaboración coas entidades sociais para achegar os servizos alí onde son necesarios. Neste sentido, apuntou que a través da liña de axudas do IRPF, apóianse diferentes programas de atención temperá, sociosanitaria e integral ás persoas con TEA que desenvolve Raiolas neste centro de día, ademais de financiarse obras de mellora das instalacións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/01/2024