A Xunta comeza a preparar unha nova edición do programa Benestar en Balnearios

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, reuniuse hoxe con responsables de establecementos

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria. Antón Acevedo, reuniuse hoxe con responsables de servizos de balnearios da comunidade para comezar a preparar unha nova edición do programa Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia.

Antón Acevedo manifestou a súa satisfacción por como se desenvolveu o programa este ano, que rematou o pasado mes de decembro e que contou coa participación dunha quincena de balnearios das catro provincias. Ademais, destacou que Benestar en Balnearios é unha iniciativa plenamente consolidada que permite ás persoas maiores desfrutar duns días de descanso, dedicando o seu tempo a coidarse así mesmos e a reforzar e facer amizades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/01/2024