Román Rodríguez felicita ao equipo de arqueólogos polo traballo desenvolvido en Cerdedo-Cotobade
2024-01-15
/documents/35297/43498/20240115RRodriguezCerdedoCotobade+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 15 de xaneiro de 2024
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e co responsable de Árbore Arqueoloxía, Benito Vilas, firma encargada dos últimos proxectos arqueolóxicos desenvolvidos neste concello pontevedrés.
O titular do departamento de Cultura da Xunta coñeceu os detalles dos traballos Castro de Cividá e o petróglifo de Pedra dos Mouros e felicitou o equipo de arqueólogos polo seu labor en prol da conservación e posta en valor nestes bens. Así mesmo, agradeceu ao Concello a súa implicación na preservación do patrimonio cultural municipal.
Data de actualización: 15/01/2024