A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe o centro de Muimenta, en Cospeito
A Xunta aposta polas Casas de Familia como recursos de atención a nenos e adolescentes dentro do sistema de protección
Estes servizos son fundamentais para a atención de menores en risco especial de vulnerabilidade
Cospeito (Lugo), 13 de xaneiro de 2024
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe a Casa de Familia de Muimenta, onde se presta atención a un grupo de nenos e adolescentes que están dentro do sistema de protección autonómico.
A conselleira manifestou que a Xunta confía nas entidades sociais para a xestión destes centros de atención a menores que a Administración autonómica ten baixo a súa tutela ou garda
Fabiola García tamén destacou que este tipo de recursos, xunto ao acollemento familiar, son o maior garante de que nenos e adolescentes en risco de especial vulnerabilidade contan coas ferramentas necesarias para desenvolver unha vida plena.
Reunión co alcalde
Con antelación a esta visita, a conselleira reuniuse co alcalde de Cospeito, Armando Castosa, con quen abordou diferentes temas relacionados coa atención á infancia e ás persoas maiores do municipio.