A Xunta recibe 8 ofertas para executar a mellora do firme na estrada PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario

As obras, licitadas por máis de 1,4 M€ e cun prazo de execución de 4 meses, consistirán na rehabilitación e na reposición do pavimento, ademais do repintado das marcas viarias

A previsión é poder iniciar estes traballos na primavera

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de recibir 8 ofertas para executar a mellora do firme na estrada autonómica PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario.  

As actuacións, licitadas por máis de 1,4 M€, comprenderán a mellora e acondicionamento do pavimento nesta vía, no seu percorrido por estes tres municipios da comarca do Condado.  

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, prevé iniciar estas obras na vindeira primavera, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.  

Os traballos previstos no contrato contan cun prazo de execución de 4 meses.

A intervención consistirá na rehabilitación superficial do firme da vía mediante o fresado e a súa reposición, completando os traballos co repintado da sinalización horizontal.

Data de actualización: 11/01/2024