A Xunta pon en valor o traballo de Asdeme Chantada en favor das persoas con discapacidade intelectual

Chantada, 10 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe o importante papel que teñen as entidades sociais para mellorar os servizos de atención neste ámbito e para achegar os coidados alí onde son necesarios. Díxoo na visita que realizou á residencia e ao centro ocupacional de Asdeme en Chantada, que prestan servizo a persoas con discapacidade intelectual da zona.

A directora xeral fixo fincapé no traballo conxunto da Xunta e as entidades de iniciativa social para seguir avanzando nunha sociedade máis xusta e inclusiva. No caso de Asdeme puxo en valor os seus programas de formación laboral, ocio e tempo libre e talleres ocupacionais, que melloran a autonomía e calidade de vida dos seus usuarios e familiares.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/01/2024