A Xunta e a Asociación de Asesores Rurais de Galicia reforzan a súa colaboración para avanzar na mellora do agro galego

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado por persoal da Consellería do Medio Rural, reuniuse en San Caetano con representantes da Asociación de Asesores Rurais de Galicia, encabezados pola súa presidenta, Elena Piñeiro. Na xuntanza puxeron en común as inquedanzas do sector co fin de avanzar na mellora do agro galego.

En concreto, esta asociación mostrou interese por diversas cuestións referidas á próxima entrada en vigor de normativas europeas e nacionais que afectan ao sector, como a implantación do caderno dixital ou a obriga dun veterinario de explotación, entre outros temas. Dende a Consellería, trasladouse a disposición de colaborar coa entidade, ofrecendo, ademais, un continuo contacto para facer un seguimento das cuestións avaliadas na xuntanza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/01/2024