Diego Calvo realiza unha visita institucional a Vilasantar

Vilasantar (A Coruña), 10 de xaneiro de 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, realizou hoxe unha visita institucional a Vilasantar para coñecer as necesidades do concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local.

Ademais da Casa do Concello, o percorrido pola localidade incluíu instalacións socioculturais e deportivas como o pavillón de Presaras e diferentes locais sociais. En todas elas realizáronse melloras de eficiencia enerxética co cambio de luminarias por outras de tecnoloxía LED.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/01/2024