A Oficina rural de Ribadavia rematou as súas obras de reforma cun investimento total de máis de 140.000 euros

Acometéronse diversas obras de mellora en materia de climatización e carpintería exterior, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións
 

A oficina sitúase no concello ourensán e dá servizo a toda a veciñanza dos municipios da comarca do Ribeiro
 

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2024

A Oficina Rural de Ribadavia vén de rematar as obras de reforma da súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento total de 142.582,11 euros.

 Esta oficina, que dá servizo aos concellos que integran a comarca do Ribeiro, mellorou as súas instalacións con novo mobiliario e acondicionamento do interior, con climatización a través dun sistema de aerotermia e coa renovación da súa carpintería exterior. O obxectivo destas actuacións é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.
 
As súas instalacións atópanse na rúa Redondela da vila, onde comparte espazo co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Nelas, préstase atención xeral á cidadanía na materia que lle compete, ademais de servizos agrarios, con especial atención á viticultura, e tamén veterinarios.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/01/2024