Trenor participa no acto de nomeamento do exalcalde Teodosio Martino como fillo adoptivo de Ordes

A Coruña, 5 de xaneiro de 2024

 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no acto de nomeamento do exalcalde Teodosio Martino como fillo adoptivo de Ordes. O representante do Goberno autonómico destacou que “ser fillo adoptivo dun Concello no que pasou a meirande parte da súa vida é, sen dúbida, o xesto de máximo aprecio e respeto”.

Neste senso, puxo en valor que “Teodosio forma parta da historia política deste municipio, tendo contribuído de forma significativa ao seu progreso e modernización, durante os vinte anos á fronte do goberno de Ordes”. Ademais, lembrou que “loitou sempre pola mellora económica e social deste concello e impulsou de forma decidida a Mancomunidade de Ordes, organismo sen o que hoxe non se entende esta comarca”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/01/2024