A Oficina Rural de Padrón rematou as súas obras de reforma cun investimento total de máis de 145.000 euros

Acometéronse diversas obras de mellora, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións

A oficina sitúase no concello coruñés e dálle servizo á súa veciñanza, así como á dos municipios de Dodro e Rois

Santiago de Compostela, 05 de xaneiro de 2024

A Oficina Rural de Padrón vén de rematar o proceso de reforma das súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento total de 146.479,07 euros 

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron diferentes obras como a renovación do mobiliario e da carpintería, así como na optimización da climatización do espazo. O obxectivo desta reforma é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.

Estas actuacións permitiron mellorar o espazo no que se atopa a Oficina Rural de Padrón, que dá servizo aos veciños de dito concello e tamén aos de Dodro e Rois. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía na materia que lle compete, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/01/2024