A Xunta aposta pola alimentación saúdable e de proximidade na rede de escolas infantís públicas autonómicas

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica de Vite, en Santiago de Compostela, que se acaba de incorporar á rede de comedores escolares km 0 de Galicia. Este programa, da Xunta de Galicia, promove o uso de produtos agroalimentarios galegos con sede de calidade nos comedores escolares.

O director xeral colocou o selo Slow food neste centro de Vite, que o acredita como escola que forma parte deste programa. Así mesmo, explicou que o obxectivo desta iniciativa é acadar unha dieta máis saudable entre os pequenos, con máis presenza de verduras e hortalizas nos menús e nas que se faga uso de produtos de proximidade e da máis alta calidade.

 Esta iniciativa súmase a outras como a Rede Eco-Comedores que tamén busca o fomento da alimentación saudable nos centros educativos galegos. Neste último participan varias escolas infantís da provincia da Coruña e está coordinado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñás-Betanzos.

Gratuidade de todas as escolas infantís

O director xeral desexoulle unha boa entrada do ano aos profesionais deste centro e apuntou que neste 2024 o Goberno galego volverá situar a atención de 0 a 3 anos e a conciliación familiar na primeira liña dentro das súas actuacións con medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís e melloras na atención destes centros.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/01/2024