O delegado territorial da Xunta en Ourense lembra que a partir do luns, 8 de xaneiro, ábrese o prazo para descargar o Bono Deporte

O obxectivo é promover a práctica de exercicio entre os máis cativos

Cada familia poderá descargar un Bono Deporte por cada un dos fillos ou fillas ata o 29 de febreiro, ou ata esgotarse o crédito. Os bonos descargados poderán usarse ata o 1 de xullo

Ourense, 05 de xaneiro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o  establecemento deportivo ‘Deportes Moncho/ Atmosfera Sport’ para lembrar que a partir do vindeiro luns, 8 de xaneiro, as familias poderán descargar o Bono Deporte de 120 euros ao que poderán acceder todas as que teñan fillos, de entre 6 e 16 anos, que estean federados ou inscritos no programa escolar de fomento da actividades deportivas Xogade.

O obxectivo é promover a práctica de exercicio entre os máis cativos. Nesta liña referiuse Gabriel Alén ao incremento das licenzas federadas rexistrado en Galicia en 2022 con respecto ao ano anterior, como mostra da boa marcha da práctica deportiva; deste xeito, “os rapaces socializan entre eles, divírtense e medran con máis saúde”.

Ao día de hoxe, son 82 os establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos deportivos da provincia de Ourense que xa están adheridos ao Bono Deporte.

Prazos de solicitude do Bono Deporte

Cada familia poderá descargar un Bono Deporte por cada un dos fillos ou fillas ata o 29 de febreiro, ou ata esgotarse o crédito. Os bonos descargados poderán usarse ata o 1 de xullo a través da web bonodeporte.gal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/01/2024