A Xunta ten aberta a licitación de 42 obras de mellora en centros educativos por valor de 38 M€

As empresas construtoras poden consultar os pregos na plataforma de contratación do Goberno galego para presentar as súas propostas e optar a realizalas

Inclúense nove ampliacións de centros e catro rehabilitacións integrais, así como melloras na accesibilidade ou a instalación de sistemas de biomasa

A maior parte, 21 intervencións, son melloras sectoriais sobre partes concretas dos edificios, como cambios de cuberta ou de fiestras, entre outras

Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2024

As empresas construtoras poden presentar as súas propostas para as 42 obras en centros de ensino que a Xunta de Galicia ten en licitación por 38M€ no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Todos os expedientes tramitáronse por anticipado de gasto e está aberto o prazo para a presentación de ofertas na plataforma Contratos de Galicia, onde as firmas interesadas poden consultar os pregos técnicos e administrativos para realizar a tramitación.

Entre as actuacións ás que poden concorrer as empresas inclúense nove ampliacións de centros, en concreto a da Escola de Educación Infantil EEI Concepción Crespo Rivas (Pontevedra, 750.000€), as dos colexios CPI As Mirandas (Ares, 3,1M€) e CEIP Mar de Fóra (Fisterra, 900.000€); as dos institutos IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño, 2,4M€), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1M€), IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis, 5,5M€), IES Pedro Floriani (Redondela, 1,9M€) e as dos centros integrados de FP CIFP de Vilamarín (820.000€) e CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa, 3,8M€).

Está previsto acometer tamén durante os próximos mes as rehabilitacións integrais dos colexios CEIP de Oza dos Ríos (Oza-Cesuras, 600.000€) e CEIP de Riotorto (530.000€) e dos institutos IES da Pobra do Caramiñal (2,1M€) e IES Lucus Augusti (Lugo, 3,4M€). Tamén se inclúen, por importe total de 604.000€, melloras na accesibilidade dos colexios CEIP Plurilingüe de Centieiras (Fene), CEIP Plurilingüe de Vite (Santiago de Compostela), CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo) e no Instituto IES A Xunqueira II (Pontevedra). Así mesmo, están en licitación obras de instalación de sistemas de biomasa cun orzamento total de 1,3M€ nos institutos IES Monte Neme (Carballo), IES Pazo da Mercé (As Neves), IES Mendiño (Redondela) e IES Alexandre Bóveda (Vigo).

Desde Infantil ata Formación Profesional

A maior parte, 21 intervencións, son melloras sectoriais sobre partes concretas dos edificios, como cambios de cuberta ou fiestras, entre outras. Están en licitación actuacións deste tipo por importe de case 9M€ nos colexios CEIP María Pita (A Coruña), CEIP Campomaior (Ordes), CEIP Plurilingüe O Mosteirón (Sada), CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela), CEIP Terra Chá (Vilalba), CEIP de Castrelo de Miño, CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza (Lalín), CEIP do Carballal (Marín), CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves), CEIP Plurilingüe de Reboreda (Redondela) e CEIP Plurilingüe A Doblada (Vigo).

Tamén son obxecto deste tipo de intervencións os institutos IES A Sardiñeira, IES Agra do Orzán, IES Fernando Wirtz Suárez, IES Ramón Menéndez Pidal, todos eles da cidade da Coruña; IES de Porto do Son, IES Lama das Quendas (Chantada), IES 12 de Outubro (Ourense), IES Chano Piñeiro (Forcarei), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e o Centro Integrado de Formación Profesional CIFP Imaxe e Son (A Coruña).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/01/2024