O espazo xove de Pontedeume ofrece actividades de ocio educativo para a mocidade durante estas datas

Pontedeume (A Coruña), 4 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta tarde o espazo xove de Pontedeume, onde mozos e mozas contan con actividades e propostas de ocio educativo e tempo libre durante estas datas. Alí lembrou que estes centros abren agora tamén os sábados para que a xuventude conte con actividades durante as fins de semana. 

A directora xeral puxo en valor que os doce espazos xoves que o Goberno galego ten por toda a Comunidade contan cun amplo programa de actividades dirixido á xente nova. Neste espazo xove de Pontedeume, a programación deste mes de xaneiro ofrece, por exemplo, torneos de tenis de mesa, a creación dun mural polo Día da Paz e xogos e mesa durante as tardes dos mércores e os venres.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/01/2024