O delegado territorial de Pontevedra reúnese cos involucrados na asociación de veciños o Percamino, na Guarda

Reguera destacou a boa disposición da asociación para colaborar coas administracións públicas

A Guarda, 4 de xaneiro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, reuniuse cos usuarios da Asociación de veciños O Percamino, no concello de A Guarda.

Alí tivo a oportunidade de conversar cos responsables da entidade e coñecer as múltiples actividades que levan a cabo e que reverten a favor da súa veciñanza.

Reguera visitou ademais o local social da asociación que foi remodelado recentemente e destacou o gran traballo levado a cabo por todos os involucrados que “de forma totalmente voluntaria e sen esperar nada a cambio se esforzan por mellorar a vida dos seus veciños”.

O delegado territorial tamén aproveitou para felicitar a todos os asociados polos máis de 30 anos de funcionamento da asociación e por estar “sempre ao pe do cañón para traballar en calquera iniciativa que vaia supoñer unha mellora na súa contorna”.       

Data de actualización: 04/01/2024