Alfonso Villares resalta os beneficios para a saúde do consumo de peixe e destaca a dieta atlántica como parte da identidade galega

Pobra do Carmiñal (A Coruña), 3 de xaneiro de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, resaltou os importantes beneficios que representa para a saúde o consumo de peixe e marisco dentro dunha dieta equilibrada destacando precisamente a dieta atlántica como modelo e parte indisoluble da identidade e forma de vida dos galegos e galegas. O titular do Mar fixo estas manifestacións durante unha visita á Praza de Abastos e o Mercadillo de Pobra do Caramiñal na que tivo a oportunidade de compartir impresións tanto con consumidores como con vendedores. Acompañado polo alcalde da localidade coruñesa, José Carlos Vidal, o responsable autonómico puxo en valor o peso do sector pesqueiro na economía galega, alcanzando o 5% do PIB da comunidade, e o seu importante papel na dinamización económica e na fixación de poboación no litoral.

Nesa liña, o conselleiro sinalou a importancia das campañas de promoción de consumo de pescado, non só por ser un hábito saudable, senón que tamén polo seu impacto no medio de vida de milleiros de familias que viven do mar. Un medio de vida, dixo, cun enorme arraigo na nosa comunidade e que esta caracterizado pola profesionalidade e bo facer dos seus profesionais polo que volveu a pedir co Goberno central rectifique e apoie a redución do IVE aos produtos pesqueiros o que permitiría fomentar o consumo destes alimentos axudando, a súa vez, a un sector ao desenvolvemento dun sector estratéxico para Galicia.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 03/01/2024