A Xunta colabora coa Fundación San Rosendo na mellora dos servizos de atención á discapacidade na cidade de Ourense

Ourense, 3 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá as residencias de atención á discapacidade de Santa Cruz e As Flores, da Fundación San Rosendo, en Ourense. Alí puido felicitar as festas os usuarios e desexarlle un feliz aninovo, ademais de coñecer as actividades que teñen previstas para celebrar estas datas.

A directora xeral agradeceu á Fundación San Rosendo o seu traballo diario na cidade das Burgas e en toda Galicia para ofrecer atención de calidade ás persoas que o precisan. Así, sinalou que o Goberno galego colabora coas entidades sociais na creación de máis recursos públicos repartidos por toda a Comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/01/2024