A Xunta avalía a mellora de infraestruturas rurais no concello coruñés da Laracha

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha reunión co alcalde do concello coruñés da Laracha, José Manuel López.

No encontro tratáronse diversas temáticas de especial interese para a poboación do rural desta localidade. Así, avaliáronse novas liñas de axudas vencelladas a proxectos en materia de mellora de infraestruturas rurais, ademais de seguir afondando na colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/01/2024