Alfonso Villares participa na IX carreira popular San Silvestre de FENE e visita a foodtruck que leva a campaña de Galicia sabe Amar ata esta localidade

Fene (A Coruña), 30 de decembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe a foodtruck de GALICIA SABE AMAR que se desprazou ata Fene para levar os petiscos dos produtos do mar galegos e difundir a súa calidade despois dunha importante cita lúdico-deportiva, a IX Carreira Popular San Silvestre na que tamén participou o titular do departamento marítimo-pesqueiro da Xunta de Galicia.

A campaña de GALICIA SABE AMAR encarou a recta final deste ano vinculada tanto ao nadal como aos eventos deportivos como esta carreira que se celebran nestas datas, pois como ten claro o titular de Mar, nunca foi máis necesario poñer en valor e promocionar o peixe e o marisco galego, dado que a negativa incomprensible do Goberno do Estado a rebaixar o IVE a estes alimentos afecta ao seu consumo, motivando que baixe nun momento en que o sector extractiva e marisqueiro galegos precisan do maior dos apoios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/12/2023