A Oficina Rural de Arzúa remata as súas obras de reforma, cun investimento total de máis de 145.000 euros

Acometéronse diversas obras de mellora, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións

A oficina sitúase na rúa Padre Pardo da localidade coruñesa e dá servizo aos veciños deste concello e aos do Pino, Touro e Boimorto

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2023

A Oficina Rural de Arzúa vén de completar o proceso de reforma das súas instalacións. A Consellería do Medio Rural promoveu esta mellora da oficina cun investimento total de 145.463,1 euros.

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron diferentes obras, renovouse o mobiliario, realizáronse traballos en materia de climatización e, por último, instaláronse puntos de carga para vehículos.

Todas estas actuacións permitiron mellorar o espazo no que se atopa a Oficina Rural de Arzúa, na rúa Padre Pardo, que dá servizo aos veciños deste concello e aos do Pino, Touro e Boimorto. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía na materia que lle compete, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/12/2023