Alfonso Villares visita a foodtruck de Galicia sabe Amar que exerce de teloneira do Callofest Rock e marida os produtos do mar cos callos en San Ciprián

Cervo (Lugo), 29 de decembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck de GALICIA SABE AMAR que participou como teloneira no festival de música CalloFest que celebra estas festas de Nadal dunha forma diferente e sirve de broche de ouro en Cervo ao ano 2023 en San Ciprián, na Praza dos Campos. Como antesala do mellor dos ritmos, esta exitosa campaña da Xunta permitiu difundir os beneficios para a saúde e a calidade dos produtos do mar, que deben ser parte fundamental da dieta de calquera rockeira ou rockeiro tanto como os callos, manxar que da nome a esta cita.

Ademais dos garavanzos, callos e chourizos, peixes e mariscos deron a nota nunha cita musical cada vez con maior renome onde participaron intérpretes de música alternativa como Abaixo cu Sistema -tributo a System of a Down-, Deleiba, Madame Rachel ou Calle del Ruido, ademais do DJ Pablo. E ademais dos petiscos da foodtruck de GALICIA SABE AMAR e dos callos, neste festival tivo lugar o gran ensaio na Mariña das badaladas e o brindis co que celebrar a chegada e 2024.  

 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 29/12/2023