O conselleiro do Mar e o alcalde de Ribadeo visitan o porto comercial da localidade

Ribadeo (Lugo), 29 de decembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo esta tarde unha reunión institucional co alcalde do municipio lucense de Ribadeo, Daniel Vega. O encontro tivo lugar nas instalacións portuarias do municipio, concretamente na zona de acceso ao peirao comercial.

Durante a súa visita Alfonso Villares percorreu as instalacións portuarias, nomeadamente o viario de entrada ao peirao comercial de Ribadeo, o máis importante dentro da rede de dársenas baixo titularidade autonómica en volume de actividade, cun movemento anual de mercadorías de máis de 500.000 toneladas, fundamentalmente de pasta de papel. O conselleiro e o rexedor municipal tiveron oportunidade de comprobar a posta en servizo do sistema de alumeado LED nesta zona do porto. 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 29/12/2023