A Xunta aborda cos traballadores de Ferroglobe as medidas de apoio á industria electrointensiva

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co comité de empresa da factoría de Arteixo, no que se informou do estado de tramitación dos parques eólicos que poden abaratar os custos enerxéticos da compañía

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co comité de empresa de Ferroglobe no que lles trasladou as diferentes medidas de apoio á industria electrointensiva que promove a Administración autonómica.

Na reunión, na que se lembrou a necesidade de que o Estado fixe un marco enerxético estable que apoie a produción deste tipo de compañías e que evite a súa deslocalización, a conselleira informou do estado de tramitación dos diferentes parques eólicos que teñen firmados contratos a longo prazo (PPAS) para subministrar enerxía renovable a esta compañía, abaratando así os seus custos enerxéticos. A través da Lei de áreas empresariais de Galicia promoveuse dar prioridade aos proxectos eólicos que destinen o 50% da enerxía que produzan á industria asentada en Galicia a través de contratos a longo prazo (PPA).

Por outra banda, os representantes dos traballadores tamén solicitaron o apoio da Administración autonómica para avanzar en diferentes proxectos, entre outros, a través do Perte de descarbonización.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/12/2023