Preto de 7.200 estudantes de 205 centros aprenden este curso a través dos clubs de ciencias

O programa incorpora 42 centros co fin de promover coñecementos e técnicas para aumentar o interese do alumnado en especialidades como matemáticas e enxeñaría

Santiago de Compostela, 1 de xaneiro de 2024

Preto de 7.200 alumnos de 205 centros aprenden este curso as posibilidades das ciencias e a tecnoloxía a través do programa Club de Ciencia da Xunta de Galicia, cuxa resolución figura no Portal Educativo e que supón a incorporaron 42 novos centros e máis de 1.200 estudantes.

Os centros seleccionados tiveron que presentar un proxecto coas tarefas que desenvolven no programa. Cada un deles conta cun profesor coordinador e profesores colaboradores que poderán certificar 30 horas ou 20 horas, respectivamente, en innovación educativa. O orzamento total destinado para este curso ascende a 200.000€.

O obxectivo do Club de Ciencia é impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada. Para iso, promóvense capacidades, coñecementos e técnicas para aumentar o interese dos participantes en diversos campos da ciencia e a súa aplicación na tecnoloxía. A creación destes contornos de aprendizaxe impulsa vocacións no ámbito da ciencia, as matemáticas, a enxeñaría e a tecnoloxía e encamiñan o alumnado a estas titulacións.

A actuación enmárcase na Estratexia Educación Dixital 2030 da Consellería de Educación co obxectivo de mellorar as competencias dixitais e científico-tecnolóxicas do alumnado. Os 42 centros de nova incorporación este ano académico son os da seguinte táboa:

Provincia
Concello
Centro
A Coruña
Abegondo
IES de Viós
A Coruña
Cerdido
CEIP da Barqueira
A Coruña
Ferrol

IES Concepción Arenal

A Coruña
Ferrol
IES Canido
A Coruña
Miño
CPI Castro Baxoi
A Coruña
Oleiros

CEIP Ramón María del Valle-Inclán

A Coruña
Ordes

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

A Coruña

Pobra do Caramiñal, A

CEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra

A Coruña
Pontedeume
IES Breamo
A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

IES Plurilingüe Castro da Uz

A Coruña
Ribeira
CEIP de Olveira
A Coruña

Santiago de Compostela

IES Eduardo Pondal
A Coruña
Teo
IES de Cacheiras
A Coruña
Val do Dubra
CPI de Bembibre
Lugo
Cospeito

CPI Plurilingüe Virxe do Monte

Lugo
Monforte de Lemos
IES Río Cabe
Lugo
Pontenova, A
IES Enrique Muruais
Lugo
Vilalba
IES Santiago Basanta Silva
Ourense
A Gudiña

CPI Plurilingüe Laureano Prieto

Ourense
Barbadás

CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro

Ourense
Celanova

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez

Ourense
Maside
CPI Terras de Maside
Ourense
Pobra de Trives, A
CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso
Ourense
Ribadavia
IES O Ribeiro
Ourense
Xinzo de Limia

IES Cidade de Antioquía

Pontevedra
Grove, O

CEIP Plurilingüe de Conmeniño

Pontevedra
Guarda, A
EEI da Gándara
Pontevedra
Lama, A
EPAPU Nelson Mandela
Pontevedra
Ponte Caldelas
CEIP Manuel Cordo Boullosa
Pontevedra
Ponteareas
IES Val do Tea
Pontevedra
Pontevedra

CEIP de Parada-Campañó

Pontevedra
Pontevedra
CIFP A Xunqueira
Pontevedra
Redondela

CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

Pontevedra
Sanxenxo
IES de Vilalonga
Pontevedra
Tomiño
IES Antón Alonso Ríos
Pontevedra
Vigo
IES Santa Irene
Pontevedra
Vigo

CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

Pontevedra
Vigo
IES República Oriental do Uruguai
Pontevedra
Vila de Cruces

CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas

Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
EEI de Aralde Sobrán
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
EEI de Vilar-Bamio
Pontevedra
Vilanova de Arousa
IES A Basella

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/01/2024