Diego Calvo asiste á preestrea de Honeymoon en Ferrol

Ferrol, 28 de decembro de 2023

vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu no Teatro Jofre ao pase previo á estrea en salas comerciais do filme Honeymoon, protagonizado polo actor ferrolán Javier Gutiérrez xunto a Nathalie Poza.

A película, que contou co apoio da Xunta, estará nos cines o 12 de xaneiro. Dirixida por Enrique Otero e producida por ControlZ e AccaMedia, no seu elenco figuran destacados intérpretes galegos, como María Vázquez, María Tasende, Antonio Durán Morris, Miquel Insua ou Sergio Zearreta. Ademais, a rodaxe incluíu diversos concellos da comunidade galega nos que estivo durante seis semanas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/12/2023