Fabiola García participa na X Conferencia sectorial de Inmigración

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou hoxe por videoconferencia na X Conferencia Sectorial de Inmigración.

Neste encontro abordáronse, entre outras cuestións, un informe sobre as normativas europea e española en materia de migracións, a situación actual do sistema de acollida e protección internacional, a planificación e xestión da resposta á chegada de persoas inmigrantes e a creación dun grupo de traballo técnico sobre información en materia de acollida.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/12/2023