A Xunta salienta o traballo de Aspanas para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe os centros desta entidade en Ourense e A Peroxa

Ourense, 27 de decembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, estivo esta mañá cos usuarios e o persoal dos centros de atención diúrna e residencial de Aspanas en Ourense e A Peroxa.

 

Begoña Abeijón destacou o traballo que realiza esta asociación para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, así como para favorecer a súa integración.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/12/2023