A Xunta licita por máis de 218.000 euros a renovación da cuberta do edificio principal e a do patio cuberto de infantil do CEIP Castrelo de Miño

Ourense, 27 de decembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, Avelino Pazos, o CEIP Castrelo de Miño, onde anunciou a licitación das obras de renovación da cuberta do edificio principal e a renovación do patio cuberto de infantil; un total de 1.577 metros cadrados, nas que a Xunta vai investir máis de 218.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/12/2023