Rueda destaca o talento da xuventude galega para afrontar os retos do mercado laboral

Salienta o talento, preparación e compromiso da mocidade galega

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que Galicia conta cunha xeracións de mozos e mozas con un gran talento e interese por poder vivir e traballar na súa terra. Fíxoo durante un encontro con participantes nos programas Xuventude Mentoring e Xuventude Mentoring na empresa, que melloran a inserción laboral dos máis novos.

Durante o acto, no que estivo acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o presidente deu as grazas aos participantes por querer desenvolver o seu proxecto vital en Galicia, aos mentores que exercen esta función de forma altruísta e as administracións, universidades e empresas que colaboran para facer posible este programa e reter talento na comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/12/2023