Galicia pecha o mes de outubro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 14,71 días, 18 días por debaixo da media autonómica, que foi de 32,71 días

Santiago de Compostela, 22 decembro de 2023

Galicia pechou o mes de outubro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.  

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 14,71 días, 18 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 32,71. Ademais, tamén se situou máis de 15 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.   

En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse ao peche do mes de outubro no 0,28%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,37%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 5.396 millóns de euros, dos que 209 millóns – o 3,8%- corresponden a Galicia.  

 

Período Medio de Pago – Outubro de 2023 (*CCAA réxime foral)

Extremadura
10,38
 
Castilla-León
31,90
Galicia
14,71
Cataluña
31,91
Pais Vasco*
19,96

MEDIA CC.AA.

32,71
Cantabria
20,11
Aragón
39,12
Canarias
25,72
Castilla-La Mancha
39,30
Navarra*
29,17
Baleares
39,91
Andalucía
29,29
Asturias
39,94
La Rioja
31,22
Madrid
42,90
Comunidad Valenciana
31,52
Murcia
49,95
 

Data de actualización: 22/12/2023