A Xunta e a mancomunidade da comarca do Carballiño avalían novas liñas de cooperación na prevención de incendios forestais

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse esta mañá en San Caetano co presidente da Mancomunidade da Mancomunidade da Comarca do Carballiño e alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, xunto con persoal da mesma, para abordar temas de interese para os concellos que compoñen esta entidade supramunicipal -San Amaro, O Irixo, Boborás e Beariz-.

Nesta liña, o presidente da mancomunidade plantexou cuestións para seguir reforzando a colaboración entre ambas entidades en tarefas de xestión de biomasa e de prevención dos incendios forestais. Ademais, avaliáronse os convenios que mantén o goberno galego con esta mancomunidade de cara a vindeiros exercicios.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/12/2023